martes, 7 de abril de 2020

Datas ABAU!

Xa sabemos as datas definitivas para as ABAU

Convocatoria ordinaria: 7, 8 e 9 de xullo

Convocatoria extraordinaria: 15, 16 e 17 setembro

Moito ánimo para todas e todos!!

luns, 6 de abril de 2020

sábado, 4 de abril de 2020

Probas de acceso Grao Superior

A Consellería de Educación informa: Debido á situación provocada pola pandemia causada polo Covid-19 resulta necesario aprazar a realización da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional prevista para o día 23 de abril.
Proximamente, en función da evolución da pandemia, publicarase un novo calendario de probas de acceso.
Para maior información, pincha no enlace.
https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30766

Probas de acceso a Grao Medio

A Xunta acaba de publicar as listaxes provisionais de inscricións e exencións da convocatoria 2020.
Para maior info, pincha no enlace.
https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30779



mércores, 1 de abril de 2020

Encontros Virtuais na USC para o alumnado de Bacharelato

A USC (Universidade de Santiago de Compostela) ofrece uns Encontros Virtuais para que coñezades os graos universitarios cos que contan e obteñades maior información sobre a súa universidade. Estes Terán lugar os días 6, 7 e 8 de abril (luns, martes e mércores de Semana Santa). Para poder acceder aos encontros deberedes facelo a través da páxina web 
https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais, que estará dispoñible dende o sábado, día 4 de abril.

A través desta páxina atoparedes:
  • Presentacións das titulacións
  • Obradoiros, retos
  • Opinión de lumnos/as sobre a titulacións
  • Pílulas relacionadas coa titulación
  • Concursos
  • Unha VIDEOCONFERENCIA para cada titulación (nestas o alumando poderá interactuar cos/coas responsables das diversas titulacións e aclarar as súas dúbidas). No enlace indicaranse os horarios de cada unha das videoconferencias.
Animádevos a participar!


venres, 27 de marzo de 2020

Recomendacións 2º BACHARELATO

Ola, deixamos desta vez unha serie de recomendacións para o ALUMNADO DE 2º de BACHARELATO.
Moito ánimo!!

xoves, 26 de marzo de 2020

Ola!! Na pestana onde pon Consellos durante o confinamento poderedes atopar diferente material acerca de como sobrelevar esta etapa, moito ánimo!!