martes, 7 de abril de 2020

Datas ABAU!

Xa sabemos as datas definitivas para as ABAU

Convocatoria ordinaria: 7, 8 e 9 de xullo

Convocatoria extraordinaria: 15, 16 e 17 setembro

Moito ánimo para todas e todos!!

luns, 6 de abril de 2020

sábado, 4 de abril de 2020

Probas de acceso Grao Superior

A Consellería de Educación informa: Debido á situación provocada pola pandemia causada polo Covid-19 resulta necesario aprazar a realización da proba de acceso a ciclos formativos de grao superior de formación profesional prevista para o día 23 de abril.
Proximamente, en función da evolución da pandemia, publicarase un novo calendario de probas de acceso.
Para maior información, pincha no enlace.
https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30766

Probas de acceso a Grao Medio

A Xunta acaba de publicar as listaxes provisionais de inscricións e exencións da convocatoria 2020.
Para maior info, pincha no enlace.
https://www.edu.xunta.gal/portal/node/30779



mércores, 1 de abril de 2020

Encontros Virtuais na USC para o alumnado de Bacharelato

A USC (Universidade de Santiago de Compostela) ofrece uns Encontros Virtuais para que coñezades os graos universitarios cos que contan e obteñades maior información sobre a súa universidade. Estes Terán lugar os días 6, 7 e 8 de abril (luns, martes e mércores de Semana Santa). Para poder acceder aos encontros deberedes facelo a través da páxina web 
https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais, que estará dispoñible dende o sábado, día 4 de abril.

A través desta páxina atoparedes:
  • Presentacións das titulacións
  • Obradoiros, retos
  • Opinión de lumnos/as sobre a titulacións
  • Pílulas relacionadas coa titulación
  • Concursos
  • Unha VIDEOCONFERENCIA para cada titulación (nestas o alumando poderá interactuar cos/coas responsables das diversas titulacións e aclarar as súas dúbidas). No enlace indicaranse os horarios de cada unha das videoconferencias.
Animádevos a participar!


venres, 27 de marzo de 2020

Recomendacións 2º BACHARELATO

Ola, deixamos desta vez unha serie de recomendacións para o ALUMNADO DE 2º de BACHARELATO.
Moito ánimo!!

sábado, 21 de marzo de 2020

Asesoramento académico

Ola! Na pestana de arriba onde pon ASESORAMENTO ACADÉMICO, atoparedes, por curso, unha pequena guía sobre en que consiste a etapa educativa na que vos atopades e información sobre o curso que vén respecto ás materias. Agardo que vos sirva de axuda!