mércores, 1 de abril de 2020

Encontros Virtuais na USC para o alumnado de Bacharelato

A USC (Universidade de Santiago de Compostela) ofrece uns Encontros Virtuais para que coñezades os graos universitarios cos que contan e obteñades maior información sobre a súa universidade. Estes Terán lugar os días 6, 7 e 8 de abril (luns, martes e mércores de Semana Santa). Para poder acceder aos encontros deberedes facelo a través da páxina web 
https://www.usc.gal/gl/encontros-virtuais, que estará dispoñible dende o sábado, día 4 de abril.

A través desta páxina atoparedes:
  • Presentacións das titulacións
  • Obradoiros, retos
  • Opinión de lumnos/as sobre a titulacións
  • Pílulas relacionadas coa titulación
  • Concursos
  • Unha VIDEOCONFERENCIA para cada titulación (nestas o alumando poderá interactuar cos/coas responsables das diversas titulacións e aclarar as súas dúbidas). No enlace indicaranse os horarios de cada unha das videoconferencias.
Animádevos a participar!


Ningún comentario:

Publicar un comentario